Thursday 02 de May de 2024

O Ciclo Músicas Íntimas trae na súa 8ª edición diversos estilos musicais


A Concellería de Cultura do Concello de Carral organiza esta fin de semana o seu ciclo Músicas Íntimas que se desenvolve na piscina municipal. Nesta edición serán os grupos Volando Libre e Black os que ofrezan os seus concertos traendo a Carral música negra, jazz, folk, bandas sonoras e outros estilos musicais.

Volando Libre está formado por tres músicos de recoñecido prestixio no eido galego, como son Alfredo Gómez Sieiro, Vadim Yukhnevich e Mauricio farán un repaso musical por múltiples músicas do mundo. O seu concerto será o sábado. Pôla súa banda o domingo subirá ao escenario o dú Black liderado pola vocalista Iria Mejuto, unhas das mellores voces galegas dedicadas ao soul.

As dúas actuacións terá lugar ás 22:00 h. No caso de chuvia, os concertos realizaranse na Casa da Cultura.

Os concertos están incluídos na Rede Cultural da Deputación da Coruña e en Cultura no Camiño de Agadic.